Os representantes do parque de bombeiros serán recibidos polo alcalde de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello acollerá o luns, 8 de xullo, a reunión solicitada polo persoal da subsede de Bombeiros. O alcalde, Tomás Fole, presidirá o encontro no que participarán, ademais dos representantes dos bombeiros, os do servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil e da Policía Local. Tamén asistirán os respectivos responsables dos servizos, o xerente do Parque de Bombeiros, Juan José González e o concelleiro de seguridade Cidadá, Benito Pérez Dorgambide.

A reunión ten como obxectivo analizar o protocolo de actuación nas situacións de emerxencias que se rexistren no municipio a efectos de coordinar os operativos para mellorar a eficacia na prestación do servizo e en beneficio da seguridade dos cidadáns. O encontro comezará ás 12 da mañá.

3 de xullo de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.