Os “Piratas” do campamento Impulso visitan O Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Visita dos "piratas" á Casa Consistorial

Visita dos “piratas” á Casa Consistorial

Como unha verdadeira abordaxe. Así entraron os 70 participantes no campus Impulso do Carballiño, pintados con barbas, parches e cicatrices, e dispostos a tomar o mando do concello. Algo que lles permitiu durante un anaco o propio alcalde, que recibiu estes nenos e nenas que participan no campamento urbano deste verán 2013.

Mentres estiveron ao mando da casa do concello estes “piratas” decidiron que houbese máis festas no Carballiño e, o máis importante, que durante o campus se dividise a metade en futbol e a metade en piscina, actividades que desenvolven habitualmente, mesturadas con outras didácticas e educativas.

19 de xullo de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.