Os novos cursos de informática comezan no Telecentro do Castiñeiro o día 17 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para este mes de xullo novos cursos de informática segundo informa a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá.

Os cursos previstos son de informática, internet, creación web, seguridade na internet e nas redes sociais e informática para nenos e nenas maiores de 8 anos que se levarán a cabo  de luns a venres en horario tanto de mañá como de tarde. Ademais, tamén están as aulas abertas de acceso libre para os cidadáns.

O prazo de inscricións remata o martes 16 ás 14.00 horas. Para máis información e para facer as incricións hai que chamar ó teléfono 010.

12 de xullo de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.