Os nenos de Ribadumia gozaron dun “Xoves Animado” con inchables na Praza do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+
Inchables na praza do Concello

Inchables na praza do Concello

O concello de Ribadumia organizou como tódolos xoves ata o 12 de setembro unha xornada lúdica para os mais pequenos, incluída na programación de verán “Xoves Animado”.

Na praza do Concello puidéronse divertir cun barco pirata con tobogán e unha ludoteca infantil de Mickey en horario de 20:30 a 22:00h. Dous monitores socioculturais coordinaron as actividades dirixidas nenos e nenas a partir de 3 anos.

A concellería de Cultura, dirixida por Susana Fandiño acadou con esta programación o obxectivo perseguido , converter as rúas de Ribadumia nun gran patio durante o período de vacacións de verán, con actividades lúdicas que sirvan como punto de encontro cos amigos do colexio.

Todas as actividades incluídas nesta programación de verán, “Xoves animados”, son de balde e esperase a participación activa das familias apoiando a labor dos monitores.

12 de xullo de 2013 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.