Os nenos de Barron realizan o roteiro dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Un grupo de 15 nenos e nenas da asociación cultural A Barosa, de Barro, participan hoxe no Roteiro dos Bolechas co fin de dinamizar o uso da lingua galega ligada aos espazos urbanos. A actividade comezará ás 19 horas na praza da Peregrina.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o Roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

O roteiro Bolechas non só está dirixido a centros de ensino, senón que as asociacións e entidades que o soliciten tamén poden realizar esta actividade.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

12 de xullo de 2013 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.