Os interesados en formar parte da brigada de prevención de incendios deben presentar o currículum no Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha adxudicou este martes o contrato para a prestación do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais que se prestará no termo municipal durante os próximos tres meses coa colaboración económica da Consellería de do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Para formar a brigada a empresa adxudicataria realizará nos próximos días a selección de catro peóns e de un peón condutor (requiríndose, neste caso, o carné de conducir B). Co obxecto de facilitar o procedemento, a entidade solicitou colaboración ao Concello para a recollida da documentación dos candidatos que realizarán as probas de selección do persoal.

Todos aqueles que desexen aspirar a estes postos de traballo de tres meses de duración deben presentar os seus currículums na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Laracha. A data límite será o próximo martes ás 14.00 horas.

Unha das probas que a empresa realizará será o manexo da desbrozadora manual e motoserra, debendo demostrar os aspirantes estar preparados e capacitados para o correcto uso desta maquinaria, imprescindible para o óptimo desenvolvemento das labores de defensa contra incendios forestais das que se ocupará a brigada

10 de xullo de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.