Os bailaríns de “Fama, a Bailar!” poñen en escena a homenaxe a Michael Jackson, “Invincible”, no auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Auditorio Municipal acolle o sábado, 13 de xullo, un tributo a Michael Jackson no que a música e os pasos de baile máis característicos do Rei do Pop serán a base do espectáculo audiovisual “Invincible” que porá en escena a compañía de danza Check It Out. As entradas xa están á venta a través de servinova.com ao prezo de 6, 5 e 3 euros.

A compañía de danza Check It Out, composta por finalistas e gañadores do programa “Fama, a bailar!”, presenta en Vilagarcía o seu terceiro espectáculo audiovisual coa danza como protagonista. Nesta ocasión, os bailaríns renden homenaxe a Michael Jackson, polo que “Invincible” fai un amplio percorrido pola carreira do desparecido artista. O obxectivo do espectáculo é facer gozar ao público dos mellores éxitos do Rei do Pop, acompañadas de coreografías baseadas na súa característica forma de bailar, e co engadido especial e de calidad da compañía Check It Out. Trátase dun espectáculo para todos os públicos, de aproximadamente 80 minutos de duración.

As entradas tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das sete da tarde. O espectáculo comeza ás 22:00 horas.

5 de xullo de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.