Os alumnos de “Posto a Puesto” completan o curso con prácticas en empresas do téxtil e a alimentación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O alumnado do curso Actividades Auxiliares de Comercio do Programa Integrado de Emprego Posto a Posto, desenvolvido pola Xunta e o Concello da Coruña a través da área de Emprego e Empresa, empezaron a facer prácticas en empresas do sector téxtil e alimentación con grande implantación na Coruña.

Os 14 alumnos que superaron a parte teórica do taller, que arrancou o pasado maio e durou 85 horas, finalizarán o curso con 50 horas de prácticas en pequenas e tamén en grandes empresas, entre elas, o Grupo Cortefiel, Boüret, Simorra Tiendas ou Carrefour a través do convenio asinado pola Concellaría de Emprego e Empresa, que dirixe Luisa Cid. Durante as súas prácticas, os alumnos poderán poñer en valor os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e, unha vez completada toda a formación, dende o Concello apoiarase os alumnos para conseguir a súa inserción laboral acompañándoos na busca activa de emprego.

O Programa Integrado de Emprego Posto a Puesto ten carácter anual. Comezou en setembro de 2012 e desenvolverase ata setembro de 2013. Impulsado pola Consellería de Traballo e a Concellaría de Emprego e Empresa, o seu obxectivo é mellorar a empleabilidad e a inserción laboral dos seus beneficiarios: 120 persoas pertencentes a colectivos con grandes dificultades para encontrar un posto de traballo. O 80% destes alumnos son menores de 30 anos e o 20% restante, mulleres con especiais dificultades para a súa inserción.

Ademais de cursos específicos (sectores de loxística, administrativo ou sociosanitario), os beneficiarios aprenden a enfrontarse a unha entrevista de traballo, a familiarizarse coas novas tecnoloxías, coas redes sociais e a adquirir nocións básicas de informática, entre outras materias.

A área de Emprego e Empresa do Concello apostou, unha vez máis, por combinar a formación teórica e práctica nos seus talleres tras os bos resultados obtidos nos anteriores cursos (Actividades Auxiliares de Almacén e Perfeccionamento de Servizos de Restaurante e Bar) onde ao finalizar foron contratadas un total de dez persoas. Dende a súa posta en marcha, o 24 de setembro de 2012, o Programa Integrado de Emprego Posto a Posto conseguiu a inserción laboral de 30 usuarios.

17 de xullo de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.