Os alumnos da ITF Oroso acadan 15 medallas na III Benalmádena Cup

Alumnos coas medallas gañadas
Os alumnos e alumnas do ITF Oroso conseguiron un total de 15 metais na III Benalmádena Cup, disputada no pavillón patronato municipal Benalmádena de Arroyo de la Miel (Málaga) o pasado mes de xuño. Os orosáns conseguiron 4 ouros, 4 pratas e 7 bronces na que foi a súa primeira saída fóra de Galicia para competir, polo que estiveron acompañados da directiva do club e gran parte das familias dos competidores.
A nivel individual, o maior éxito conseguiuno a taekwondista júnior Sofía Zapata, ao lograr dous ouros en combate (un na categoría júnior e outro na categoría sénior) e unha prata en Tul. Tamén foi moi destacada a participación da infantil Paula Castiñeira, medalla de ouro en Tul e prata en combate. O júnior Salvador Pérez completou os ouros ao gañar a súa categoría na modalidade de combate.
Infantís
Os primeiros metais da competición chegaron da man dos infantís na modalidade de Tul, onde Paula Castiñeira conseguiu o mencionado primeiro posto tras amosar un excelente dominio técnico. Míriam Yáñez conseguiu un merecido terceiro posto na mesma categoría. Na parte masculina, Martín Blanco, Gaizka Gómez e Pedro Mourelos conseguiron cadansúa medalla de bronce nas súas respectivas categorías.
Na modalidade de combate, Martín Blanco e Pedro Mourelos conseguiron sendas medallas de prata nas súas categorías. Pola súa banda, Míriam Yañez e Gaizka Gómez lograban os seus segundos bronces da xornada.
Ao día seguinte foi a quenda dos competidores júnior do ITF Oroso: Salvador Pérez, Pablo Castiñeira e Sofía Zapata. Salvador Pérez caeu na primeira eliminatoria de Tul, pero tomouse o desquite en combate, onde conseguiu o primeiro posto. Os nervios xogáronlle unha mala pasada a Pablo Castiñeira en Tul, conseguindo un bronce en combate tras caer no asalto de desempate pola mínima diferenza. Finalmente, Sofía Zapata conseguía os mencionados dous ouros e unha prata.











