Os alumnos da escola de fotografía presentan o seu traballo nunha exposición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

O alumnado da Escola Municipal de Fotografía do Concello de Carral ofrecerá unha exposición do 2 ao 19 de xullo, na que presentarán os seus mellores traballos, realizados no curso que ven de rematar.

A mostra estará presente na sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira.

O Obradoiro de Fotografía é un dos máis antigos dos que desenvolve a Concellería de Cultura, e polo que xa teñen pasado máis de 200 persoas. Nesta escola os participantes adquiren coñecementos básicos e avanzados sobre as técnicas fotográficas. Se ben hai anos se impartían clases para o uso do laboratorio co que se conta na Casa da Cultura, actualmente son as técnicas dixitais as que se ensinan.

Nestes últimos anos a escola de Fotografía ten sido dirixida polo fotógrafo Fran Martínez.

1 de xullo de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.