Ordes recicla no que vai de ano 80 toneladas de vidro e 33 toneladas de papel e cartón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes continúa amosando uns resultados positivos e ascendentes en materia de reciclaxe, avalándose así o seu bo facer en materia de concienciación e planificación.

Deste xeito, hai que falar de preto de 215 toneladas de vidro reciclado ao longo de todo o pasado ano. No que vai de 2013, hai que sinalar que xa se teñen recollidas arredor de 80 toneladas ao longo de todo o territorio municipal. Unhas cifras que veñen a demostrar que veciños e veciñas teñen ben adquirido o hábito de empregar debidamente o contedor verde. Neste intre o municipio conta cun total de 100 espallados tanto pola vila como polas parroquias, número que se incrementa cada ano.

Por outra banda, tamén hai que sinalar as cifras referentes a papel e cartón, dos cales se aproveitaron algo máis de 73 toneladas ao longo do pasado ano.  No que vai de 2013, hai que falar de xa de arredor de 33 toneladas. Ao igual que no caso do vidro, os contedores de papel e cartón aumentan cada ano o seu número contabilizándose actualmente 39 fronte aos 35 do ano pasado.

19 de xullo de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.