Ordes comeza a campaña de recollida de material escolar para nenos e nenas con recursos limitados
Cruz Vermella Ordes en colaboración con Cáritas e co Concello de Ordes inicia hoxe unha campaña de recollida de material escolar de cara ao vindeiro curso, que irá destinada ás familias máis necesitadas do municipio.
Todos os que queiran contribuir poderán depositar o material (bolígrafos, libretas, gomas, lápices, etc), que debe ser novo, nos centros educativos, librerías, así como nos locais de Cáritas, Cruz Vermella ou no departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 30 de setembro como data límite











