Oito embarcacións participarán na “X Bandeira cidade de Ferrol de traiñeiras” o 20 de xullo
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a “X Bandeira Cidade de Ferrol de Traiñeiras”, que se celebrará este sábado, día 20 de xullo, ás 17:30 horas na enseada de Caranza. A proba, organizada polo Club de Remo A Cabana e patrocinada polo Concello de Ferrol, será a quinta da presente tempada da Liga Galega de Traiñeiras.
“Consideramos que a enseada de Caranza é a mellora opción xa que ten as mellores condicións de mar para o montaxe do campo de regatas e ao ser dentro da nosa ría facilita os desprazamento a pé para presenciala no entorno dun barrio tan importante como Caranza” explicou a Susana Martínez. Así mesmo, a edil ferrolá quixo agradecer o traballo da entidade organizadora e a colaboración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Pola súa parte, o presidente e o secretario do Club de Remo A Cabana, Fernando Arias e José Almedia, respectivamente, que acompañaron á edil de Deportes na presentación da competición explicaron que a proba será disputada en dúas mangas compostas por catro embarcacións cada unha e que, conforme á clasificación actual, serán: Amegrove, Chapela, Sanmertalameu de Meira, Cabo de Cruz, Vilaxoan, Mecos Mondariz, A Cabana, e Mugardos.











