publicidade hoxe

Obradoiro de autoemprego en Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocal
A-
A+

O concello de Arbo pon en marcha unha proposta para tentar xerar Autoemprego no sector dos Servizos Sociais, aproveitando a contratación dunha Ténica de Relacións Laborais en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

O vindeiro venres 26 de xullo, celebraremos no concello de Arbo un Obradoiro de Autoemprego dirixido a todas as persoas interesadas, para a posta en marcha dunha cooperativa de traballos sociais. O acto celebrarase no Centro de Interpretación do viño e da lamprea “Arabo”, as 10:00 horas da mañá.

O obradoiro tratará como tema principal o auto-emprego e a posibilidade de constituír e formar parte de unha Cooperativa de Traballo Asociado, dirixida a actividade dos servizos sociais.

Trataranse os conceptos básicos en relación a: qué é unha cooperativa de traballo asociado, aos trámites necesarios para a súa posta en marcha, ao seu funcionamento, regulamento e demais cuestións.

17 de xullo de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.