O “XXVIII Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Ferrol” será disputado por 90 xogadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o “XXVIII Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Ferrol” que se celebrará do 16 ao 23 de xullo nas instalacións do Hotel Hesperia. A edil ferrolá estivo acompañada polo vicepresidente do Círculo Ferrolán de Xadrez, Francisco José Pérez Díaz, entidade organizadora do evento deportivo xunto co Concello de Ferrol.

Susana Martínez explicou que esta nova edición do torneo será válido para a obtención de ránking internacional e nacional. Así, como en anteriores edicións, a proba será disputada polo sistema suizo a nove roldas e forma parte do Circuíto Galego de Xadrez Internacional “que é un dos máis importantes de España” dixo a responsable das políticas deportivas do Concello de Ferrol. “Este deporte cunha longa tradición na nosa cidade conta con grandes xogadores” sinalou.

Pola súa banda, o vicepresidente do Círculo Ferrolán de Xadrez, manifestou que Ferrol “a nivel galego é unha das cidades onde máis movemento de xadrez existe”. A contía de premios é dun total de 6.000 euros, repartidos nas diferentes categorías. Entre os case 90 participantes que se esperan no torneo atópanse xogadores letóns, cubanos e numerosos de toda a xeografía española, sen esquecer a xadrecistas locais como Pablo Fernández ou Antonio Pazos. Os interesados en participar na competición poderán atopar máis información a través das páxinas web: www.cfxadrez.org e www.escoladexadrez.com .

12 de xullo de 2013 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.