O “XVII encontro internacional de ximnasia rítmica cidade de Ferrol” acollerá a un total de 50 deportistas
A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o “XVII Encontro Internacional de Ximnasia Rítmica Cidade de Ferrol”, que se celebrará entre hoxe e o sábado, día 6 de xullo, no pavillón da Malata. A edil estivo acompañada por Beatriz e Maca Cabaleiro, representantes do Club Esquío Ferrol, equipo organizador do evento deportivo en colaboración coa Concellería de Deportes.
“Non só ten carácter estritamente deportivo senón que tamén servirá como convivencia turística e cultural”, explicou a titular de Deportes. Un total de 50 ximnastas participarán na concentración onde se desenvolverá en xornada de mañá a vertente deportiva e se aproveitará a tarde para realizar actividades lúdicas e turismo pola cidade. O encontro internacional contará coa delegación da selección nacional de Italia e outra de Estremadura, sen esquecer o Club ferrolán. A nivel técnico asistirán dous adestradoras de Cáceres, dous locais e o coreógrafo francés Hervé Ilari, ex bailarín do Ballet Nacional de Niza. Ademais, o venres día 5 ás 20:00 horas celebrarase unha exhibición para mostrar o traballo que as ximnastas realizaron durante toda a semana. Martínez Galdós manifestou que “isto é o cume do que o club ferrolán realiza durante todo o ano e que será un éxito”.
Viaxe pola ría de Ferrol
Ademais, dende a Concellería de Turismo que dirixe María del Carmen García Fraga, organizarase para todas as participantes no encontro un viaxe pola ría de Ferrol para percorrer lugares emblemáticos do naval como Navantia ou o Arsenal Militar e que culminará cunha visita guiada ao Castelo de San Felipe.











