O XVI Festival da Canción Mariñeira celébrase este sábado na vila de Neda
A real vila de Neda celebrará este sábado a XVI edición do seu Festival da Canción Mariñeira. Un certamen organizado pola Agrupación Artística Lucero del Alba co que colaboran tanto o Concello de Neda como a Deputación Provincial da Coruña. Comezará ás 20 horas nas instalacións do colexio público San Isidro da localidade, onde se ubicará a carpa na que se desenvolverán as diferentes actuacións musicais.
A xornalista e presentadora de televisión Raquel Rodríguez será a encargada de conducir a gala e dar paso as actuacións de Parranda La Nuestra, da Rondalla Mugardesa e da propia Agrupación Artística Lucero del Alba. Tras a música, o público asistente poderá degustar unha mexilonada popular.
Dende o Concello faise unha invitación a toda a veciñanza de Neda e da comarca para que asistan este sábado á real vila e disfruten dun certame que, ano tras ano, congrega a centos de persoas amantes da boa música.











