O Xardín do Posío en Ourense acolle unha nova edición dos cursos gratuítos de Tai Chi
O Xardín do Posío e o Pavillón dos Remedios acollen durante o mes de xullo a 29ª edición dos Cursos Gratuítos de Tai Chi. Están dixiridos por José Gago, mestre nacional con máis de 30 anos de experiencia no ensino, e patrocinados pola Concellería de Deportes do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.
Tódolos interesados en coñecer esta arte marcial altamente saudable poderán asistir ás clases, de forma gratuíta e sen necesidade de inscrición previa. Desenvólvense no Xardín do Posío, dende hoxe, luns, 1 de xullo, ata o venres, 12 de xullo, de luns a venres, de 8:00 a 9:00 horas. Durante a segunda quincena do mes (días 15 a 31 de xullo), serán pola tarde, tamén de luns a venres de 20:00 a 21:00 horas no Pavillón dos Remedios, con peche do curso na terraza do Centro Comercial Pontevella.
O Tai Chi é unha antiga arte marcial que busca unha perfecta harmonía corpo-mente. Os seus movementos realízanse lentos para que a mente poida dirixilos, e así coidar de que cada parte do corpo estea relaxada e manteña unha correcta postura corporal en cada movemento. Deste xeito, o Tai Chi corrixe os malos hábitos nas posturas e os bloqueos enerxéticos, conectando a mente co corpo e desconectándose das actividades diarias, aportando múltiples beneficios. Un dos seus obxectivos fundamentais é o fortalecemento das pernas, base do noso corpo, e a relaxación do tronco, buscando sempre manter unha estrutura corporal perfecta mentres nos movementos.
Os exercicios son moi versátiles e adaptan a súa intensidade á idade ou condición física das persoas, e pódense practicar a calqueira idade, pois é un exercicio lento e suave.











