O vigués Jorge Casales lidera a clasificación do Mundial de Trial Júnior tras a vitoria o sábado en Gran Bretaña
A pasada fin de semana, 27 e 28 de xullo, disputáronse en Gran Bretaña as dúas xornadas da penúltima proba do Mundial de Trial Júnior. O sábado na primeira xornada de competición o vencedor foi o galego Jorge Casales, que lograba así a cuarta vitoria da tempada en probas do Mundial e incrementaba a vantaxe no liderado da clasificación final. O domingo finalizou segundo. Cando soamente quedan por disputar as dúas xornadas da competición en Francia os días 31 de agosto e 1 de setembro, Jorge Casales lidera a Clasificación provisional do Mundial de Trial Júnior cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado.











