O son da música de preto de 300 gaiteiros pecha a 29 edición do Festival Ortigueira
Recta final do 29 Festival Internacional do Mundo Celta. O Concello de Ortigueira, organizador deste evento declarado de interese turístico internacional, poñerá o punto e final á edición, como vén sendo habitual, co tradicional desfile de bandas das nacións celtas, no que participarán preto de 300 gaiteros procedentes de Galicia, Asturias e a Bretaña Francesa.
O desfile será o colofón a unha edición que, sen dúbida, vivirá esta noite momentos de auténtico luxo, coa actuación dos bretóns Gwendal, en plena celebración da súa 40 aniversario sobre os escenarios, e de Dán, agrupación da que forman parte, ademais de Breton Quartet e Aly McCormack, Guidewires e Kan, grupos que fixeron vibrar o venres ao público congregado na Alameda con dous directos que sumaron ao virtuosismo musical un poder único para levantar aos folkies. Todo iso sen esquecerse da proposta ecléctica da desenfada Banda Crebinsky.
A última xornada do Festival Ortigueira estará protagonizada polo xa clásico desfile de bandas que sairá ás 12,00 horas da Praza de Isabel II e no que está previsto que preto de 300 músicos fagan soar os seus instrumentos polas rúas da vila. Un ano máis a organización aposta pola relevancia deste acto, que se converteu desde os primeiros anos do evento nunha dos principais acenos de identidade do histórico Festival.
Entre as bandas de gaitas que participarán nesta edición, destaca a Bagad Glazic Kemper, que compartirá desfile coa asturiana Banda de Gaitas de Soto de Rei e as agrupaciones galegas Banda de Gaita dos Blancos, Banda de Gaitas Manxadoira, Banda de Gaitas Agarimo, Banda de Gaitas de Ladrido e, como non, a anfitriona do certamen folk, a Escola de Gaitas de Ortigueira.
O Festival Ortigueira, organizado polo Concello de Ortigueira e co patrocinio da Diputación da Coruña, Agadic, Consellería de Cultura, Axencia Galega de Turismo e Estrela Galicia, botará así a peche á presente edición coa vista xa posta no ano 2014,. En cuxo cartel xa está asegurado o nome do grupo vasco Ruaille Buaille, ganador do Proxecto Runas 2013 de promoción das bandas emergentes do certame.











