O servizo de viarios de Ferrol repasou arredor de 50 tramos de rúas en Ultramar, Esmelle e Marmancón
A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de reforzo en mantemento de viarios e beirarrúas acometidas nas últimas dúas semanas no barrio de Ultramar e nas parroquias rurais de Marmancón e Esmelle. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- súmanse ás feitas en cada unha das zonas antes citadas con motivo do novo Plan de Barrios posto en marcha a finais do pasado mes de febreiro polo Goberno Municipal que dirixe Jose Manuel Rey Varela. Así as cousas, as intervencións de repaso de mantemento, que se están facendo de maneira paralela ao desenvolvemento do Plan de Barrios, permiten cubrir deficiencias pendentes e novas peticións veciñais.
No que atinxe á zona de Ultramar, os traballos executados polas cuadrillas da empresa adxudicataria se centraron no mantemento do aglomerado. As actuacións foron acometidas en 6 tramos diferentes, dos cales catro se executaron na rúa Bertón e os dous restantes na rúa Santa Comba. Por outra banda, as actuacións executadas na zona rural de Marmacón polo servizo municipal tamén se centraron no pavimento en 11 tramos da estrada de Papoi en dirección O Agro. Por último, os traballos acometidos polos operarios da empresa adxudicataria da prestación municipal en Esmelle se centraron no mantemento do aglomerado nun total de 31 tramos das seguintes calzadas: Camiño de Sograña á praia (6 treitos), estrada de Esmelle (5 treitos), estrada de Traiocastro (8 treitos), estrada Covas-Esmelle (6 treitos), e Peirón (6 treitos).











