O servizo de reparación de viais do Concello de Ferrol traballa nas zonas de Esmelle e Marmancón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de aglomerado nas zonas de Esmelle e Marmancón.

Estas intervencións viarias, ao abeiro do Plan de Barrios, están a ser acometidas nesta xornada por mor das condicións climáticas adversas durante os traballos executados con anterioridade nestas parroquias do rural. Así o indicou o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, durante o pasado 14 de xuño na visita á parroquia de Esmelle para supervisar os traballos de mellora e mantemento executados ao abeiro da primeira fase deste plan municipal.

Así, as cousas, e segundo a programación de traballos feita, ao longo da  xornada de hoxe, intervirase o pavimento da pista de Sograña en dirección á praia e a estrada de Esmelle.

2 de xullo de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.