O servizo de prevención de drogodependencias de Tui edita un novo exemplar da revista “aprende a escoital@s”
O Servizo de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas, dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, procedeu á edición dun novo número da revista “Aprende a escoital@s” que trata temas de prevención e está dirixida á familia, tanto ás nais/pais coma aos fillos/as.
Este ano a revista estará en soporte dixital, entregóuselle un cd coa revista a todos os colexios do Concello, para que a poidan colgar nas súas páxinas web. Tamén estará accesible na páxina web do Concello www.concellotui.org Agradecer a todos os colexios e colaboradores a súa participación na mesma.











