O servizo de pintado de Ferrol actuou en 122 indicacións viarias e sinalizou 3.300 metros lineais
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre o balance das actuacións de pintado e sinalización acometidas entre o 27 de xuño e o 3 de xullo nos barrios do Ensanche A, Esteiro, Caranza, San Xoán, Canido, A Magdalena, A Cabana, A Graña, Marmacón e Esmelle. Este plan de integral conta cun investimento de 300.000 euros no presente exercicio e foi posto en marcha, ao abeiro do Plan de Barrios que está a levar a cabo o Goberno Municipal que dirixe Jose Manuel Rey Varela.
Os operarios de Tragsa, empresa que ten encomendado esta nova prestación municipal, pintaron durante o período de tempo antes sinalado un total de 3.262,82 metros lineais, dos que 2.547,6 atenden ao trazado de liñas continuas e descontinuas e o restante a traballos de pintado de diferentes sinais viarias horizontais. Así mesmo, as cuadrillas de Tragsa repasaron 122 indicacións viarias que corresponden con: 36 sinais horizontais de stops, 34 cedas ao paso, 27 pasos de peóns, 18 frechas de dirección, 5 prazas de aparcamento para minusválidos e 2 símbolos de autobús. Así mesmo, foron renovadas sinais verticais na rúa Españoleto, situada no barrio de Esteiro. De maneira máis concreta e ordenados por barrios, os traballos de pintado e sinalización viaria foron acometidos nas seguintes rúas:
– Ensanche A: rúas Virxe da Cabeza, Miguel de Cervantes, Inferniño, Río Lérez, Río do Tronco, Río Xubia; avenidas de Viveiro, da Paz e Compostela e paseo da estación. Ademais: rúa Río Castro e rúas qeu conflúen na mesma: Aviador Piñeiro, Perbes e Illa Herbosa.
– Esteiro: rúas Taxonera, Mac Mahón, Álvaro Cunqueiro, Doutor Vázquez Cabrera, Españoleto, Mendizábal, Naturalista López Seoane, San Ramón; estrada de circunvalación e avenidas de Vigo e de Esteiro; praza Álvaro Cunqueiro; travesía de Vigo; e estrada de Caranza. Ademais das rúas que conflúen en Mac Mahón, que son: Saúde, San Luís, Colón e travesía de Batallones. Tamén se fixeron traballos nas rúas que conflúen en Taxonera, que son: Espoz y Mina, Adán e Eva e a travesía Moreno.
– Caranza: Avenida do Mar, Juan de Austria e estrada da Trincheira.
– San Xoán: rúa do Escorial e praza Padre Feijóo. Ademais da rúa Cabalo Branco e as rúas Chousa, Pomar e a que descorre paralela á estrada FE-15. Así mesmo, actuouse en varias rúas e camiños que conflúen coa rúa Souto: camiño de Abruñeiros e camiño do Pozo; e tamén noutras zonas que conflúen no camiño do Espiño: camiño de Basanta, camiño de Bastida e pista que vai en dirección a Solaina.
– A Graña: estrada en dirección ao castelo de San Felipe.
– Canido: rúas Maiola, Poeta Pérez Parallé e Virxe da Cabeza.
– A Magdalena: rúa Pablo Iglesias, praza de Galicia, a estrada de Circunvalación -treito comprendido entre a praza de Galicia e a avenida de Esteiro-, e a avenida do Rei e rúas que conflúen na mesma: Doutor Fleming e Rubalcava.
Medios empregados
Entre o 27 de xuño e o 3 de xullo, un total de catro equipos ocupáronse dos traballos de sinalización viaria, con tres operarios cada un. Ademais dos tres traballadores, cada equipo está dotado dun vehículo para transportar personal, pinturas, pequena maquinaria e ferramentas. Estes catro equipos est´çan dirixidos e coordinados por un encargado do servizo.











