O servizo de obras de Ferrol acomete novas reparacións en rúas e beirarrúas de Canido
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a reforzar hoxe os seus traballos en actuacións de aglomerado e beirarrúas na zona de Canido.
Así, segundo a programación de traballos feita pola empresa adxudicataria do servizo municipal, ao longo da xornada de hoxe intervirase o pavimento da praza de Canido e das rúas Navegantes, Coruña, Sánchez Aguilera e Maiola. Ademais, as actuacións de reparación de beirarrúas serán acometidas na rúa Alegre, rúa da Terra, rúa Almendra, rúa Coruña e avenida do Rei.











