publicidade hoxe

O servizo de obras de Ares realizou intervencións en camiños e viais de todas as parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A Concellaría de Obras, que dirixe o edil socialista José Juan Vilar, vén traballando nestas últimas semanas na reparación de viais e camiños de todas as parroquias do termo municipal.

Deste xeito, hai que destacar as obras executadas e rematadas en As Poellas, Papellas, Goterra e Pedrós, no que se refire á parroquia de Ares; camiño entre O Raso e a estrada xeral, o camiño da Ferreira e O Cagacho (os tres en Seselle), o vial de acceso ao Mourón, a Sabadelle e o da Seara, na parroquia de Caamouco; e o camiño dos Enxeñeiros, o da Bailadora e o vial que vai dende o límite do termo municipal con Mugardos ao mosteiro de Santa Catalina, en Cervás. Tamén se levaron a cabo intervencións no casco urbán, destacando a reparación das beirarrúas na rúa María, na avenida de Mugardos, rúa Real, e o entorno da oficina de Correos –polas vivendas sociais Cortiñas Gil-.

Na actualidade, o Concello está a actuar na praza da Igrexa, colocando máis empedrado para facilitar o xiro dos vehículos na rúa María, entre outras zonas da vila, como xunto á farmacia.

En canto ás obras previstas para o curto prazo, José Juan Vilar anunciou que a vindeira semana comezará o pintado exterior do CPI Conde de Fenosa, donde tamén se executarán algúns arranxos de mantemento. Ademais, procederase á reposición do empedrado na rúa Santa Bárbara –substituirase o que se atopa en mal estado- e se levará a cabo o pintado de amarelo dos vados dos garaxes.

Finalmente, dende a Concellería de Obras lémbrase que esta área vén colaborando, e seguirá a facelo, con todas as actividades que se desenvolven, e dun xeito especial durante os meses de verán, aportando cable, luz, contenedores ou vallas, entre outros elementos que se veñen solicitando por parte das entidades do municipio.

12 de xullo de 2013 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.