O servizo de mantemento de Ferrol realiza actuacións con aglomerado na estrada de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo de Mantemento e Reparación de Infraestruturas do Concello de Ferrol centra estes días os seus traballos no barrio de Santa Icía e na parroquia de Brión. Así, operarios da empresa Misturas S.A., adxudicataria desta prestación municipal, teñen en previsión iniciar esta mesma mañá tarefas de aglomerado na estrada de Brión, cuxa reparación é unha das principais demandas que os veciños/as desta zona fixeron chegar á Administración municipal.

O arranxo da estrada de Brión acométese despois de que as cuadrillas do servizo de reparación de viarios interviñeran durante a semana pasada en Santa Icía, onde levaron a cabo reparacións con aglomerado en varios puntos da estrada de Santa Icía; e ademais melloraron o Camiño da Posada.

29 de xullo de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.