O rexedor ferrolá presidirá os actos institucionais con motivo do Día de Galicia no barrio de Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá mañá os actos institucionais con motivo do Día de Galicia. A cerimonia oficial terá lugar na Praza do Himno Galego, situada no barrio de Esteiro, e dará comezo ás 19:30 horas.

Durante o acto de mañá, o rexedor municipal realizará unha ofrenda floral no monumento a Xosé Fontenla Leal. Ademais, todos os asistentes poderán gozar da actuación do Real Coro Toxos e Froles.

23 de xullo de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.