O rexedor da Coruña asiste á presentación do número 18 da revista “Galegos”

Negreira durante a presentación
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu esta mañá á presentación do número 18 da revista ‘Galegos’, un acto que se realizou na Casa Picasso porque a nova publicación inclúe un caderno especial de 44 páxinas dedicadas á etapa coruñesa do artista.
O caderno inclúe artigos sobre o Picasso coruñés elaborados por autores como Antón Castro, Anxo Padín, Antonio D. Olano, Rafael Inglada ou Piar Corredoira. O alcalde destacou que esta publicación é un anticipio do seminario que organiza a UIMP, coa colaboración do Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa, e que se celebrará en outubro sobre a etapa galega do pintor malagueño.
Carlos Negreira asegurou que o obxectivo é “reivindicar” a figura de Picasso durante a súa etapa na cidade e que A Coruña poida “recuperar” o protagonismo que merece na traxectoria do artista. “Este proxecto é importante para a cidade, porque saber vivir e recoñecer o pasado é a mellor forma de afrontar o futuro para saír máis fortalecidos”, subliñou o rexedor.











