O refuxio de animais situado en Mougá entra en funcionamento de maneira mancomunada para a comarca de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

Os alcaldes que forman parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside o rexedor ferrolán Jose Manuel Rey Varela, abordaron esta mañá na sesión ordinaria celebrada no Pazo Municipal ferrolá diferentes temas. Os máis significativos foron dar conta da entrada en funcionamento, de maneira conxunta, do servizo de lacería, recollida, aloxamento e control de animais de Mougá; así como informar das novas subvencións concedidas pola Deputación Provincial da Coruña para o fomento do deporte adaptado e o apoio a iniciativas empresariais.

Así as cousas deuse conta do traballo feito por Tragsatec para a posta en marcha do servizo común da canceira de Mougá, que os concellos da Mancomunidade comparten dende o pasado día 4 de xullo tras o convenio asinado con devandita empresa por un importe de 115.000 euros por exercicio e unha duración de 6 anos. Nos primeiros dez días de funcionamento foron adoptados tres cans que se atopaba no refuxio. As persoas interesadas en adoptar un animal deben chamar ao teléfono: 619 043 343, mentres que o número de teléfono para denunciar o abandono é o 092. Con relación a este servizo, os rexedores da comarca están a estudar a posibilidade de homoxeneizar a ordenanza municipal sobre a protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos.

Outra das cuestións abordadas na Mancomunidade foi a concesión de tres subvencións por parte da Deputación da Coruña. Dúas delas, por un importe de 4.210 e 3.540 euros, están dirixidas ao fomento do deporte adaptado  e compra de equipamento para este tipo de actividades, respectivamente. Así, a achega do organismo provincial permitirá a realización de actividades de tenis e baloncesto en cadeira de rodas, boccia e unha xornada divulgativa. Ademais, as persoas que participen nestas actividades disporán dun transporte adaptado. Con respecto á outra subvención, estará destinada ao apoio a emprendedores a través de formación e asesoramento tanto aos emprendedores como aos técnicos locais de emprego e terá un importe de 10.000 euros.

15 de xullo de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.