O recinto termal das Burgas reabrirá ao público mañá martes, unha vez rematados os traballos de limpeza e recuperadas as condicións idóneas para o seu uso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O recinto termal das Burgas reabrirá ao público mañá martes 2 de xullo, unha vez rematadas as tarefas de limpeza e mantemento realizadas polo Concello, despois de que a piscina fora contaminada con colorante, por segunda vez nunha semana. Despois do proceso de baleirado e limpeza, eliminando os restos da pintura, completarase a súa posta a punto enchendo de novo a piscina durante o día de hoxe e recuperando as condicións óptimas para o baño dos cidadáns.

O recinto abrirá no seu horario habitual de 10 h. a 13 h., e de 17 a 21 h., tódolos días da semana agás o luns, con entrada gratuíta.

1 de xullo de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.