O recinto Mesón do Vento de Ordes acollerá a XXI edición da Feira de Cans de Caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+
Asistentes á última edición

Asistentes á última edición

O próximo domingo 28 de xullo o recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con XXI edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos. Os interesados en participar poderán inscribirse ata 26 de xullo chamando ao teléfono 689550728

Este ano calcúlanse que haberá arredor de 3.000 animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza maior e menor. Un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza.

A Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o Noroeste penínsular e unha das mellores de España situándose o ano pasado nos 3.000 animais. Entre aoutros alicentes conta cunha degustación gratuita de caza nos establecementos hosteleiros da zona.

5 de xullo de 2013 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.