O programa ‘Vacacións en Paz’ trae a catro nenos saharauis a familias de acollida de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+
O rexedor no recibimento aos cativos

O rexedor no recibimento aos cativos

O Concello de Verín acolleu o acto de benvida a tres dos catro nenos/as saharauis participantes no programa ‘Vacacións en Paz’, presidida polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a concelleira de Cultura e Igualdade, María Corona Meixeira Romasanta, e o responsable de Servizos Sociais, Javier Cid.

Estes catro menores saharauis estarán ata o 1 de setembro con familias verinenses, constituíndo este o sexto verán que algúns deles pasan na localidade, e sendo o décimo ano que o Concello de Verín participa no programa ‘Vacacións en Paz’. Durante xullo e agosto, participarán en diversas actividades lúdicas, deportivos e culturais que se promoven desde o ente municipal  como a Ludoteca de Verán (servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade”), campamento do Invernadeiro ou Verán Deportivo 2013.

A organización non gubernamental Solidariedade Galega co Pobo Saharui ten como obxectivo primordial a cooperación exterior cos Campamentos de Refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria). Para devandita organización son voluntarias todas as familias que levan acollendo nenos/as saharauís nos seus fogares desde o ano 2004 e as novas familias que se van incorporando ao programa ‘Vacacións en Paz’.  Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable aos/ás nenos/as saharauis -que naceron nos campamentos de refuxiados saharauis situados dende fai máis de 36 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano saharaui-; ademais de mellorar e potenciar a comunicación entre España e o pobo saharui.

12 de xullo de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.