O programa “Mañáns activas de verán” do Concello de Xove xa está en marcha
Hoxe, 2 de xullo de 2013, deron comezo as actividades do Programa “Mañáns Activas de Verán”, as cales vanse desenvolver sobretodo no Centro Xuvenil do Concello de Xove (onde a OMIX), cun total de 34 mozos/as inscritos, de idades comprendidas entre 10 e 16 anos. Debido ao alto número de inscritos, houbo que doblar as actividades, formando dous grupos, segundo idades, con 17 en cada grupo.
Estas actividades, organizadas pola OMIX, vanse levar a cabo durante os meses de xullo e agosto, os martes, mércores e xoves en horario de 10:30 a 13:30 h.. Este proxecto conta coa colaboración de 5 rapazas voluntarias do Concello de Xove, encargadas de axudar á integración dos rapaces e da dinamización das actividades.
O proxecto “Mañáns Activas de Verán” pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, que permitan á xuventude outras formas diferentes de ocupar o tempo de lecer durante as vacacións de verán. Tratando de dar unha resposta á inactividade deste colectivo durante estas datas estivais.
A través deste proxecto, proponse a realización das seguintes actividades:
Tics: Informática e fotografía
Mnemotecnia. A arte de memorizar: Técnicas para aprender a memorizar.
Deportes alternativos: Baile deportivo
Actividades da Natureza: Reciclaxe, senderismo.
Habilidades manuais: Manualidades
Convivencia e Corresponsabilidade: Obradoiros de habilidades sociais e domésticas.
Concretamente, neste primeiro día, tivemos actividades de informática e bailes modernos; desta última, adxuntamos unha fotografía.











