O programa de Saúde Materno Infantil de Ourense atendeu a 2.000 persoas no primeiro semestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Hoxe Yolanda Colmero, técnica da Concellería de Saúde, impartirá un obradoiro de lactancia materna, no Centro de Promoción da Saúde, no que participarán mulleres xestantes e ao que poden acudir as súas familias, ou o persoal sanitario interesado e cuxo obxectivo clave é normalizar o aleitamento natural dos cativos e cativas e descubrir as súas vantaxes e posibilidades.

Estes obradoiros véñense a celebrar os días 15 de cada mes, e matéñense durante os meses de verán, pretendendo ser un canle de comunicación para futuras nais coas que xa están a amamantar aos seus fillos e fillas, para que podan plantexar as súas dúbidas, inquedanzas ou cuestións de interese e incluso vexan coma outras nais dan o peito aos seus fillos e fillas e poidan aprender da súa experiencia.

O Concello de Ourense mantén a súa oferta de actividades do programa de Saúde Materno Infantil da Concellería de Saúde, dirixidas a mulleres embarazadas e as familias durante os meses de verán.

As actividades acuáticas para embarazadas serán de 10.15 h a 11.00 h os martes e xoves e os obradoiros de lactancia, hoxe 15 de xullo e o 15 de agosto a partir das 18.15 h. As actividades acuáticas impártense na piscina do Pavillón dos Remedios e os obradoiros de lactancia no Centro de Promoción da Saúde na rúa Vasco da Ponte, 1, no barrio das Lagoas.

Doutra banda, todas as usuarias e interesadas teñen a súa disposición o Punto de atención á Lactancia (rúa Concordia 20, entrechán c) no que se atenden consultas sobre lactancia, dispoñen de servizo de préstamo de extractores de leite, biblioteca… e ao que poden acudir en horario de 9.00h a 14.00h de luns a venres.

Balance do primeiro semestre de 2013

A poboación atendida entre xaneiro e xullo ronda as 2.000 persoas. O máis demandado, dentro dos obradoiros de maternaxe, son as actividades acuáticas nas que participaron 75 mulleres con máis de 3 meses de xestación, seguidos do ioga e o pilates con 65 e 50 asistentes respectivamente.

Nos obradoiros de lactancia participaron case 200 persoas entre familias, mulleres embarazadas e persoal sanitario

No punto de atención á lactancia materna máis de 200 nais solicitaron información ou asesoramento en materia de aleitamento ou empregaron o servizo de préstamo de material de lactancia e 125 mulleres acudiron á biblioteca, na maioría dos casos para atopar información sobre o parto e os aleitamentos dos futuros nenos e nenas.

Dende a Concellería de Saúde tamén se teñen desenvolvido campañas informativas e se repartiron máis de 2.000 manuales de lactancia e calendarios para fomentar e amosar as vantaxes do aleitamento natural e normalizar adoptar esta opción coma primeiro alimento dos fillos e fillas.

15 de xullo de 2013 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.