O programa “Augalingua” chegará o vindeiro martes día 30 a Ordes
A piscina municipal de O Muíño acollerá o vindeiro mertes 30 de xullo a actividade Augalingua, dirixida aos cativos de 6 a 12 anos. Aqueles nenos e nenas que ese día acudan á piscina municipal terán a oportunidade de ser os verdadeiros protagonistas dunha divertida xincana lingüística. Nela deberán superar unha serie de probas de habilidade ou rapidez para conseguir o maior número de letras e construír unha palabra o máis longa posible. Grazas a Augalingua os participantes poderanse achegar ao idioma galego durante o seu tempo de lecer nas piscinas municipais ou praias fluviais.
Dita iniciativa está integrada na edición 2013 do programa de fomento do uso do galego que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lle destina á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.











