O presidente da Asociación de Praceiros de Lalín foi distinguido na Coruña dentro da campaña “Presume de praceiro” da Xunta

A concelleira xunto ao praceiro homenaxeado
A concelleira Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán, asistiu hoxe na Coruña ao acto de entrega de galardóns da terceira edición da campaña “Presume de praceiro”, promovida pola Xunta a través da Dirección Xeral de Comercio e coa que se tenta recoñecer aos mellores vendedores nas prazas de abastos de Galicia e potenciar esta tipo de comercio de proximidade.
Batán sinala que o acto se levou a cabo na Praza de San Agustín que data do 1923 e que ten un importante valor arquitectónico e estivo presidido polos conselleiros de Economía e Industria e de Medio Rural e de Mar, ademais de estar presente tamén a directora xeral de Comercio. Asistiron un total de 95 praceiros. Elixiuse o mellor praceiro de cada unha das 95 prazas de Galicai e ademais o mellor profesional de todas as prazas de Galicia.
En Lalín foi recoñecido Miguel Rodríguez Taboada, presidente da Asociación de Praceiros do Concello de Lalín que rexe “Alimentación Nela”. Como mellor profesional de toda Galicia resultou elixida unha praceira de Meaño.











