O pleno de Teo votará a proposta de clasificación de ofertas do contrato de xestión das EIMS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este luns 29 de xullo para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. Nesta ocasión a sesión non se realiza no último xoves de mes por ter cadrado este en festivo.

Un dos puntos que se someterá a debate será a proposta de clasificación de ofertas do contrato de xestión do servizo de escolas infantís municipais xa que é un expediente de contratación de competencia plenaria. Deste xeito, neste momento do procedemento administrativo elévase ó pleno a proposta de clasificación da mesa de contratación. Presentáronse un total de sete empresas á licitación da xestión das escolas de Calo, Tilos e A Ramallosa e a empresa adxudicataria comezará a traballar no mes de setembro.

A corporación tamén deberá decidir sobre a adhesión a un convenio para a creación dun fondo social de vivendas subscrito entre os Ministerios de Fomento, Economía, Servizos Sociais, a FEMP e varias entidades de crédito.

A orde do día ten os seguintes puntos:

– Aprobación da acta da sesión de 27.06.13.

– Dar conta das resolucións da alcaldía (da 529/12 á 601/13).

– Dar conta do informe do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais do 2º trimestre de 2013.

– Dar conta da relación certificada relativa ás obrigas pendentes de pago.

– Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral de 2012.

– Ditame da proposta da alcaldía de 1ª modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial de dominio público por empresas prestadoras de servizos e suministros de interese xeral ou que afecten á xeralidade ou a unha parte importante do vecindario.

– Ditame da proposta da alcaldía de ratificacióni da medida cautelar adoptada no expediente de recuperación de oficio de camiño en Mouromorto.

– Ditame da proposta da alcaldía de clasificación de ofertas de contrato de xestión do servizo de escolas infantís municipais do Concello de Teo.

– Ditame da proposta da alcaldía de adhesión ó convenio para a creación dun fondo social de vivendas.

– Ditame da moción do PP sobre rexeitamento da violencia terrorista.

– Mocións.

– Rogos e preguntas.

26 de xullo de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.