publicidade hoxe

O Pleno de Curtis aproba por unanimidade nomear a Mª Dolores Pilar Sánchez García, “Dolo”, embaixadora do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisDeportesDeportes PortadaLocalLocal Portada
A-
A+

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis aprobou está mañá por unanimidade o nomeamento de Mª Dolores Pilar Sánchez García, “Dolo”, xogadora profesional de fútbol sala femininio de primeira división, como embaixadora do Concello de Curtis.

Recentemente o equipo Clube Burela Pescados Rubén, do que é capitana, proclamouse campión de Liga e da Copa España. Ademáis de estes triunfos a súa carreira deportiva conta con numerosos títulos, tanto nos clubes nos que xogou como na Selección Galega Senior Feminina.

O Concello de Curtis quere recoñecer desta maneira a valía desta veciña de Curtis polos éxitos acadados e polo esforzo, constancia e talento nun deporte no que as mulleres o teñen máis dificil.

Traxectoria

Mª Dolores del Pilar Sánchez García, “Dolo”, naceu en Curtis, no barrio de Bodeus, fai 32 anos.

A súa traxectoria académica e profesional está ligada ao mundo do deporte.

É Técnica Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e Diplomada en Educación Física pola Universidade de Ciencias da Educación da Coruña.

Dende o ano 1997 é xogadora de fútbol sala feminino e por tódolos clubes que pasou obtivo importantes títulos. Friol, Riazor, Ponte Ourense e Burela-Pescados Rubén. Deste último é capitana. No ano 2013 proclamáronse campionas da Primeira División e da Copa de España.

Dende o 1999 ata o 2008 formou parte da Selección Galega Senior Feminina.

Currículo deportivo:

CLUBES

1997-2004 Campionatos Provinciais, Galegos e Copa Xunta co Clube Peluquería Mixta Friol-Lugo

2004-2006 Campionato Autonómico co Clube Riazor F.S.

2006-2008 Ascenso da División de Prata á Primeira División co Clube Ponte Ourense

2008-2013 Ascenso da División de Prata á Primeira División, 2 Copas Xunta, 1 Campionato de Liga e 1 Copa España co Clube Burela Pescados Rubén

SELECCIÓN GALEGA

1999-2008 Varios campionatos nacionais e participación en torneos internacionais e sudamericanos (Italia e Chile) coa Selección Galega Senior Feminina

5 de xullo de 2013 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.