publicidade hoxe

O pleno da corporación de Curtis aproba a conta xeral do exercicio 2012

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis aproba a Cunenta General do exercicio 2012 sen alegacións despois da súa exposición pública.

O Concello de Curtis pecha o exercicio económico do 2012 cun remanente de 790.076,04 €

O presuposto executado no 2012 alcanzou os 3.408.192,47 €, pechando o exercicio económico cun remanente de 790.076,04 o cal supera o do ano 2011.

O plan de equilibrio presupostario desenvolvido polo goberno local fixo posible o novo escenario despois das reestruturacións levadas a cabo; que facilitaron manter a prestación dos servizos básicos os veciños e eliminar todo o gasto que era prescindible. En dous anos reduciuse dun xeito considerable o gasto corrente, que era o gran cabalo de batalla.

A execución do presuposto de gastos do ano 2012 alcanzo o 85%.

– En concreto o importe do gasto efectivo asumido pola entidade en investimientos ascendeu a 477.781,56 €. No capítulo de persoal o gasto executado suma 894.684,45 € que representa un 93% do previsto, o que deixa ver o axuste do executado sobre o presuposto inicialmente previsto.

– nunha comparativa dos exercicios 2011 e 2012 observamos que nestes anos non existe redución de persoal de equipo, así a redución de medio millón de euros que se observan nos importes consignados débese á finalización de proxectos piloto de creación de emprego a través da figura do obradoiro de emprego e do plan de cooperación para contratar parados.

– No apartado de gasto corrente a execución sobre o crédito definitivo alcanzou o 94% no exercicio 2012.

A débeda que mantén viva o Concello con entidades financeiras ascende a 627.571,86 €, (cabe recordar que unha parte importante foi xerada por SEPES entidade dependente do ministerio de fomento por incumprimento de dous convenios co concello, aínda así o concello finalizou as obras e pagou ás empresas que realizaron as obras, plans ou programas de promoción do polígono industrial).

A amortización desta débeda pódese facer neste exercicio, o Remanente Líquido de Tesouraría supera o importe total que se debe polos préstamos. O Concello está á expectativa do cambio da normativa estatal que permita exceder o chamado “teito de gasto”, unha obriga á que nos somete a lei de Estabilidade Presupostaria e que na actualidade nos impide amortizar a débeda bancaria total con cargo ao Remanente de Tesouraría, isto non sería outra cousa que liquidar as débedas co aforro do exercicio que pechamos. Ademais de saldar todos os préstamos o Remanente alcanzaría tamén para financiar obras novas non previstas no presuposto inicial de 2013 por valor de ata 218.541,21 €.

O concello dá cumprida conta de informes trimestrais de Tesouraría ao Pleno da corporación e ao Ministerio de Facenda. Tales informes recollen a celeridade na aprobación das facturas presentadas e pagamento. A este respecto cabe dicir que todas a facturas que foron presentadas no rexistro do concello no exercicio 2012 e que se estimaron correctas foron aprobadas dentro do exercicio e todas aboadas dentro do propio ano, salvo 5 facturas por valor de apenas 3.000 € que foron pagas o 04/01/2013.

Foron presentadas durante o ano 2012 máis de 1.700 facturas por Rexistro de Entrada. Foron rexistrados 14.000 asentos contables (dos cales máis de 1.800 eran documentos de aprobación de facturas e outros gastos e 2.800 eran ordes de pagamento por transferencia bancaria)

12 de xullo de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.