publicidade hoxe

O orixinal “os tempos sombrizos (diario)” da autoría de Daniel Salgado, gañador do 1º premio de poesía Gonzalo López Abente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMuxía
A-
A+

A Fundación Gonzalo López Abente, comunica que onte se reuniu o xurado do Iº Premio de Poesía Gonzalo López Abente, premio que se convoca en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral de Cultura.

O xurado estivo composto polos poetas Marilar Aleixandre, Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón, e por Viki Rivadulla como secretaria do mesmo, e decidiron declarar por unanimidade gañador ao orixinal titulado OS TEMPOS SOMBRIZOS (DIARIO), que resultou ser da autoría de Daniel Salgado.

Na acta do fallo o xurado salienta a construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social. Tamén presenta unha rica intertextualidade coa poesía e a música contemporáneas (o jazz nomeadamente) e con poemas de forte contido metaliterario.

O premio será entregado o día 20 de Xullo dentro dun programa de actos destinados a conmemorar os 50 anos da morte de Gonzalo López Abente. Nesta xornada, entre outras actividades, destaca unha conferencia sobre a obra de López Abente que impartirá Xosé Luís Méndez Ferrín, e a presentación da edición da Obra Poética Completa de Gonzalo López Abente, preparada por Miro Villar e editada po Espiral Maior.

Daniel Salgado, naceu en Monterroso en 1981, é poeta e xornalista. Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. Traduciu a Allen Ginsberg, Adrienne Rich ou Lawrence Ferlinguetti ao galego e a Lois Pereiro ao español. Fai parte da banda de música electrónica Das Kapital. Como poeta ten editado: Sucede, (2004, Espiral Maior). Días no imperio, (2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Éxodo, (2006, Xerais). Os poemas de como se rompe todo, (2007, Sotelo Blanco). Ruído de fondo, (2012, Xerais).

2 de xullo de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.