O número 12 do “Descubrindo”, anuario de estudios de Deza, presentase o 30 de xullo no museo municipal
Os textos epigráficos dos cruceiros, o testamento do señor de Liñares, a exposición fotográfica “Veciños 1912-2012”, a Banda de Bandeira, novos descubrimentos de arte rupestre en Silleda, dous estudos sobre astronomía -un deles unha obra inédita de D. Ramón María Aller-, o mosteiro de Carboeiro, unha recreación histórica sobre as tabernas a través da memoria colectiva, a Ponte Taboada, os anticiclóns na Comarca, emprego e educación na área rural, os Vázquez de Axiaz, Juan de Negreiros, os canteiros na Comarca, a xestión do patrimonio lalinense, os amillaramentos do Concello de Lalín entre os anos 1945-1952 e os límites da Comarca de Deza no Catastro de Ensenada conforman a nómina de 18 traballos de investigación recollidos neste duodécimo número realizados por 19 autores.











