O mercado tradicional de Lalín pasa a celebrarse, definitivamente, no entronque da rúa Colón coa praza da Torre
A nova localización de hoxe do Mercado Tradicional do sábado do Concello de Lalín no entronque da rúa Colón coa Praza da Torre -traslado de emprazamento que se fixo coincidindo coa celebración do Rallie dos Clásicos na Praza da Igrexa- foi ben acollido polo público en xeral e tamén por parte de vendedores e comerciantes.
A concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán, visitou a feira para ver o discorrer e indicou, tras intercambiar parecederes entre vendedores, comerciantes e público, que esta nova ubicación pasará a ser a definitiva tras a petición unánime amosada por todos os colectivos.
Entre as vantaxes deste novo emprazamento, determinantes para facer o cambio de celebración dos mercados tradicionais: que os vendedores dispoñen de zonas de sombra, a disposición dos postos -máis concentrados-, zona de tránsito entre dúas rúas e a dispoñibilidade de auga potable. O consenso fai que o mércado da próxima semana se celebre xa neste novo enclave e que pouco a pouco se vaia asentando esta cita sabatina.
“Ata hai aproximadamente uns cincuenta anos atrás, a feira de Lalín, segundo recordan xente maior do pobo, celebrábase precisamente neste entorno da Praza da Torre polo que se recupera así tamén unha tradición histórica”, precisa Batán.











