O Mercado tradicional de Lalín celebrarase ao final da rúa Colón enlazando coa praza da Torre
Lalín celebrará este sábado a terceira edición do Mercado Tradicional. Nas dúas primeiras feiras, os vendedores mostráronse optimistas, pois os produtos gustan, houbo encargas importantes, clientes novos e, sobre todo, moitos que repetiron unha vez que o probaron o primeiro día, malia que o sábado 29 de xuño coincidiu con varias celebracións, afirma a concelleria de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán.
Batán sinala que “desde a Concellería de Comercio se está analizando o emprazamentos, pois o calor e o sol non facilitan a presentación aos vendedores a presentación dos produtos perecedeiros”. “É de destacar que cada semana se vai ampliando o número de participantes, xa que chama máis xente”, recalca. “De feito -anuncia- esta semana se incorporan tres máis de Lalín, todos de alimentación”.
“Ademais, precisa, este sábado coincide coa celebración do Ralli de Clásicos na Praza da Igrexa, polo que se complementan as dúas actividades, de xeito que a localización da feira será en torno ao final da rúa Colón enlazando coa Praza da Torre xogando como aspectos positivos as zonas de sombra, a boa comunicación coas principais rúas comerciais do pobo e o entorno favorecedor desta Praza”. Haberá este sábado día 6 de xullo tamén postos de alimentación, polbeiro e churreira.
A concelleira delegada fai fincapé en que a filosofía que perseguimos con este Mercado é dinamizar a actividade económica lalinense e que se vaia asentando esta feira de xeito paulatino. A finais do mes de agosto, tal e como se programou no momento de presentación dos Mercados e se lle expuxo aos vendedores, estes teranse que dar de alta na correspondente ordenanza fiscal de xeito que aboarán a taxa municipal correspondente.











