O lalinense Pablo Cacheda proclámase subcampión mundial junior converténdose en referente do balonmán nacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLalínLocal
A-
A+
Pablo Cacheda

Pablo Cacheda

Pablo Cacheda, álzase co título de subcampión mundial junior no Campionato do Mundo que vén de disputar España contra Suecia en Bosnia y Herzegovina e no que a selección de Balonmán sub 21 conseguiu a medalla de prata.

“Por este importante logro transmito a noraboa a Pablo Cacheda que se converte así no mellor central do mundo na súa categoría, o que é toda unha marca e un referente indiscutible no balonmán nacional”, remarca. “Aproveito tamén a ocasión para desexarlle a Pablo Cacheda toda a sorte do mundo na súa nova etapa co equipo Cuatro Rayas de Valladolid”, sinala.

O último gol de Cacheda das semifinais celebradas o pasado venres foi o que levou a España a disputar a final. Nese partido marcou sete goles e dedicou a vitoria ás vitimas do tren de Santiago, asomando unha bandeira galega pintada a man na súa camiseta interior que mostrou unha vez rematado o encontro. Foi elixido como o integrante do sete ideal do mundial junior de balonmán no posto de central.

29 de xullo de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.