O III festival de danza e artes do corpo en Ourense “Corpo á Terra” comeza o 4 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse a III Edición de Corpo á Terra, o festival de danza e artes do corpo en Ourense, que terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de xullo. Este festival está composto por actividades que desenvolveranse durante os tres días pola tarde en distintos espazos da cidade, sobre todo prazas da zona histórica.

Na presentación estivo a concelleira de Cultura, Ana Garrido, acompañada polas organizadoras Marta Alonso e Begoña Cuquejo. Este festival conta coa colaboración do Concello de Ourense, a través da concellería de Cultura. A maioría das actividades son gratuítas, e entre elas está unha actuación de danza no recén aberto Claustro de San Francisco – o sábado ás 21.30 h -, a cargo de Maruxa Salas e Enrick Jiménez co espectáculo Sólodos. O peche desta III edición será na Praza Maior – tamén o sábado a partir das 22.30 -, coa actuación de danza da Compañía Nacional de Costa Rica, Breakdance coa Vella Escola + Vj: m2hauser visual e o concerto de La dolorosa compañía.

3 de xullo de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.