O III Encontro iberoamericano de Mobilidade Sostible convida a participar ao Concello de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra foi convidado a participar o III Encontro Iberoamericano de Mobilidade Urbana Sostible que se celebra do 6 ao 8 de novembro en Lima (Perú). O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou esta mañá que as dúas edicións anteriores celebráronse en Barcelona e en Bogotá, e nesta ocasión Pontevedra recibiu o convite por parte do presidente do comité científico do Congreso.

O Goberno Local aínda non decidiu a participación neste foro internacional, pero César Mosquera resaltou que é un recoñecemento máis para o modelo urbano de Pontevedra, que como exemplo de boas prácticas xa traspasou fronteiras sendo reclamado en ámbitos mundiais.

17 de xullo de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.