O I Mercado Pirata con artesanía, actividades infantís e animación a pé de rúa arranca o 18 de xullo en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraLocal
A-
A+

Unha ampla variedade de artesanía, actividades para os máis pequenos da casa e moita animación a pé de rúa. Son os principais reclamos da primeira edición do Mercado Pirata que se inaugurará mañá pola tarde en Cedeira. Unha cita promovida pola Concellaría de Promoción Turística do Concello, e organizada pola asociación de artesáns “Cantabria Medieval”. O Parque do Sagrado Corazón será o punto de encontro, en pleno casco urbano da vila. Alí desenvolverase o evento ata o próximo domingo, 21 de xullo, en horario de mañá e tarde sábado e domingo.

Ao redor de sesenta postos integrarán o Mercado Pirata, nos que os artesáns ofrecerán dende teares ata xabóns, bixutería, xoguetes ou produtos gastronómicos. Así mesmo, o evento tamén contará con animación musical a pé de rúa e actividades para os máis pequenos da casa.

18 de xullo de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.