O I Campus de fútbol de Sanchís en Gondomar resultou todo un éxito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomarLocal
A-
A+
Participantes no campus

Participantes no campus

Na mañá de hoxe tivo lugar a clausura do I Campus de fútbol de Manolo Sanchís en Gondomar. A actividade que se desenvolveu do 8 aos 12 de xullo nas instalacións deportivas do campo de fútbol municipal de As Cercas, congregou a 50 nenos e nenas, de entre 7 e 16 anos. Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes, sinala que “Houbo gran expectación e finalmente as prazas cubríronse sobradamente”.

No acto de hoxe, e tras disputarse un partido amistoso, os rapaces e rapazas participantes nesta segunda quenda do Campus, recibiron cadanseu diploma acreditativo da man do mesmo Manolo Sanchís.

O ex futbolista amosouse moi satisfeito co resultado e a implicación dos rapaces e  comprometeuse a “volver o próximo ano”. Pola súa parte, Salgueiro agradece tanto aos pais coma aos nenos a súa participación no Campus, e a Manolo Sanchís “moitas grazas por elixir Gondomar como o lugar para levar a cabo esta actividade”.

19 de xullo de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.