O I Campus De Fútbol Concello de Ordes arranca na cidade Deportiva Vista Alegre con 50 xogadores participantes

Un dos adestramentos no campus
A Cidade Deportiva Vista Alegre, no Concello de Ordes, acolle nestes días a celebración da primeira quenda do I Campus de Fútbol do Concello de Ordes. Un programa deportivo no que participan 50 xogadores con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.
Celebrado en horario de mañá, grazas a esta idea todos os participantes aprenden novas técnica, perfeccionan o seu xogo, traballan en valores como o compañerismo ou a importancia de xogar en equipo, á par que practican o seu deporte favorito.
O I Campus de Verán-Fútbol S.D Club Órdenes está dirixido a nenos e nenas nados de 1997 a 2008. As xornadas desenvolveranse en dúas quendas, sendo a próxima dende o 15 ata o 31 de xullo. Os interesados en participar poderanse inscribir ata o 12 de xullo. Para elo deberán acudir ás instalación da S.D. Club Órdenes de 17.30 a 19.30 horas ou ben chamar ao teléfono 646477901. Os precios son de 60 euros por quincena, e 100 euros para aqueles que queiran participar nas dúas. De ser máis dun irmán o que vaia participar terá unha tarifa de 40 euros se participa nunha quincena e de 60 euros se participa durante todo o mes.
O I Campus de Fútbol Concello de Ordes está organizado pola S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello de Ordes.











